Santiago
Impac-tic Plus para Axober 3
Lugar: r/Fomento 21. Carballo
Día: luns, 24 de outubro
Hora: 19:00h
24/10/2016 > 24/10/2016

Auditoría de Impacto 

Con esta acción ofrecémoslle aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos co-municacionais e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet.

Damos solucións en tempo real ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de pequenas empresas, ... ¿Cómo vender en Internet? ¿Estouno facendo ben? 

Dous formadores de demostrada experiencia analizarán a presenza en Internet das empresas asistentes ao seminario. 

Os asistentes poderán facilitar soportes impresos nos que usen a súa imaxe ou liña de comunicación, e as URLs das webs a analizar ou dos seus perfiles nas redes sociais. 

Na primeira xornada de formación identificaremos as debilidades e oportunidades de cada un dos asistentes. Analizarase a súa presenza na rede estudando web, redes sociais e posicionamento. E marcaranse obxectivos para as seguintes semanas. 

Farase un seguimento do curso a través do correo electrónico e dun grupo pechado de Facebook. Aquí compartiremos información sobre presenza na rede e coidado da marca persoal, aplicacións de utilidade para a maioría, etc. 
Na segunda xornada cada empresa exporá o seu caso e comentará o traballo feito dende o primeiro encontro. Entre os deberes postos estarán, entre outros, recuperar o control de dominios, crear correos corporativos, decidir que espazos de comunicación usar, etc. O obxectivo será expoñer e analizar en grupo todos os casos para poder aprender uns dos outros. Na segunda parte da xornada impartiremos unha formación sobre xestión de redes sociais centrada en Facebook e Twitter na que tratamos: 

  • Creación da marca persoal. 
  • Xestión de crises.
  • Claves para a xestión de Facebook e Twitter.
  • Tácticas para aumentar o número de seguidores en Facebook e Twitter. 
  • Monitorización de resultados. 
  • Ferramentas para a xestión de redes sociais. 
  • Creación de contidos na rede. 

Compartiremos co grupo un documento de calendario editorial útil para a creación da estratexia de contidos (lista de temas, calendario de actualización do blog e das redes sociais, fontes de información, etc.). Trátase dun documento útil para os deberes que lle poñerán para a última xornada. 

Para o día 24 de setembro terán que traballar nun documento no que facer unha análise interna e externa da marca -que facemos na rede, a quen lle vendemos, cal é a nosa competencia, que empresas de referencia teño, etc.- e no que buscabamos que traballen nun plan de comunicación: 
  • Público obxectivo.
  • Lista de temas a tratar. 
  • Recursos. Económicos e humanos. 
  • Canles. Onde vou comunicar? Páxina web, blog, redes sociais, newsletter, etc. 
Rematamos a formación revisando o plan deseñado por cada un dos asistentes e volvendo poñer enriba da mesa obxectivos e próximos pasos a dar para mellorar a comunicación que fan a través da rede.




Volver
Aviso Legal